NO VENTRE DO SILENCIO – XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN


É Príncipe agora un maduro melancólico. Sóbenlle á boca os acíbares, os engulos, as saudades. Está xa Príncipe a ollar cara atrás, a fitar do revés. A ollar para atrás desde o futuro. Vese a si mesmo esmagado por un Angkor compostelán. Por moles de pedra enchoupada, por moreas de ciscallo de conversa choca. Ou foca, nos días mozos e académicos sen ciencia nin letras soberanas, nin patria democrática. E, daquela, un proído no lagrimeiro incomódao e na cripta entra a nostalxia do tempo xuvenil en que algún día estivo e ao que nunca máis regresará. Sente Príncipe o desexo de voltar. Desexo de voltar para me abrazar e me bicar a min mesmo tal como era, como eu son, apertarme como se cadra estou a ser neste agora ao que por fin regresa. Rexorde Príncipe. Rexorde do bucio no futuro, chof.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s