(Mudarmos o imaxinario comunitario sobre o galego: un reto alcanzable?)
Os que sabemos que a imposición en Galicia foi do castelán, que os falantes de linguas minorizadas (igual cás mulleres, os pobres, a xente de cor negra,…) sufrimos a opresión; os que somos conscientes do poder dos medios de comunicación que están en contra dunha normalización que non lles interesa…temos que ser conscientes de que o conxunto da sociedade non o sabe. O galego será o que os galegos e galegas de aquí en diante queren que sexa. A salvación para a lingua deste recuncho occidental de Europa está en que haxa unha mudanza do imaxinario lingüístico comunitario e que unamos forzas para conseguilo. Queremos e podemos asumir todos estes retos?