A vida, esa maldita sucesión de infelices instantes que nos conducen á nada, á inmatúrica morte, á Nada. Nada. Levo a tristura pendurada do meu peito como unha medalla que certifica o meu paso xubiloso por mil batallas. Mil que son a mesma. A mesma ausencia. Uns ollos que faltan. A vida, quero dicir.