As cousas importantes da vida non as aprendemos nunca, e moito menos na escola. Se cadra, sabémolas á fin e sen dúbidas cando morremos, cando xa é tarde, cando todo é derrota e rematou o noso tempo. Daquela debe ser cando nos decatamos de que todo era simple, que a vida era un xogo sinxelo, que vivir é só amar a vida e que non hai que facerse preguntas nin procurar transcendencias a non ser que un desexe ser profundamente desgraciado.