Xa podemos dicir que o señor Henrique Monteagudo xa e membro académico da RAG. Resaltamos esta nova, non só por tratarse en sí dalgo de indudable inte
rese no noso eido, senón porque este é un dos maiores estudosos da sociolingüística galega e do proceso normalizador da nosa lingua propia.
Pero a fama deste profesor de filoloxía galega xa ten superado as nosas fronteiras; con estudos moi profundos sobre a situación do idioma dende a democracia, sobre a tradición literaria galego-portuguesa ou sobre a gramática actual en contraste coas solucións antigas.
Neste acto solemne, realizado no paraninfo de Xeografía e Historia da USC e presidido por Xose Luis Méndez Ferrín, acudiron multitude de persoas entre os que tivemos a fortuna de acudir nós para facer constar a importancia que tamén ten para nós a institucionalización da lingua galega no proceso de normalización que todos desexamos.