Día dos namorados: IV Concurso Amo a túa lingua

14 de febreiro,  Tod@s namorados: amo a túa lingua

Nestes tempos difíciles nos que a crise nos persegue, no que todo son recortes e reducións, o Equipo de Dinamización  quere recordarche que hai cousas que non teñen prezo, o amor non ten prezo e, polo tanto,  non é preciso aplicarlle unha política de aforro, é máis: canto máis amor se gasta, canto máis amor se dá,  máis amor se ten.

E como no Día dos namorados é costume agasallar a quen se quere, nós (que che queremos ben) ofrecémosche este agasallo. Ti logo podes darlle o uso que prefiras: podes quedar con el ou reutilizalo para regaláresllo a quen ti queiras (así aforras uns cartiños…) aínda que a nós nos gustaría que participases na seguinte proposta:

  • Inventa un texto de amor (poema, prosa…, dá igual), escríbeo na tarxeta, pon o destinatario e, se queres, o teu nome. Deposítao na caixa que hai a carón de conserxería e… nós farémosllo chegar.

Somos Cupido S.A., un servizo de correos ao teu dispor

  • Se ademais queres un premio (outro premio!), podes participar no IV concurso Amo a túa lingua”. Para facelo tes de prazo ata o luns 13. Só tes que facer o seguinte:
  • Logo de escribir o texto, asina a tarxeta co teu nome (se queres manter o anonimato podes escribir un lema, alcume… e logo depositar na mesma caixa un sobre pechado que por fóra teña escrito o lema ou alcume e que dentro conteña o teu nome e curso)
  • Un xurado elixirá as mellores textos de amor e os seleccionados (sempre se pode manter o anonimato se houber vergonza…) serán publicados na seguinte Caldeirada e no noso blog.

Veña… agora tes a oportunidade de dicirllo. Esfórzate un chisco que seguro que lle ha facer moita ilusión recibir a demostración do teu amor.

 E recorda … A lingua do amor é o galego. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s