25-N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

“Sangue na sección de sucesos e na portada da covardía”,

Xosé Sixto García en Peitos e tetas nas noticias do domingo

Veu unha parella de gardas civís e metérono no coche.
Silvia sabía quen os chamara.
Sabía tamén que todos tiñan razón,
que aquilo non podía repetirse,
que agora as leis eran moi estritas
e que a súa irmá non o puido permitir por máis tempo.
O conto xa o coñecía de memoria. Era sempre igual.
Un día era o alcohol,
outro os problemas de traballo,
outro que non lle pegaban e outro que tamén.
E logo unha semana de canto te quero
e hasme perdoar que sabes que non son eu.
E outra vez a dicirlle que si,
que xa o sabes,
que eu tamén te quero,
que ben sei que se che cruzan os cables.
Explicación antes de pedir o quilo de laranxas.
Caín e dei coa cabeza no moble da entrada,
un balón que veu a fume de carozao…
(…)

Un comentario en “25-N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s