A gala dos Premios Mestre Mateo, celebrada o domingo pasado en Ourense foi a gran festa do cine galego e mostrounos a valía das persoas que se adican a isto, ademais de entretida, tamén tivo un ton reivindicativo, polo que a TVG decidiu poñela ás 12 da noite, para que puidesemos desfrutar do discurso crítico do presidente da Academia ás 2, e da entrega do premio á mellor pelicula ás 2:30 da madrugada.
O cinema galego está a pasar por un momento incrible, debido á cantidade de peliculas de calidade que se estan a presentar, e todo grazas ao incansable esforzo dos cineastas e produtores, que a pesar de ser dos menos valorados pola súa administración pública eles seguen a facer esforzos para levar o nome de Galicia moi lonxe.
Luis Tosar é un exemplo, pero non o único, de que existe unha calidade infinita neste sector na nosa terra. É unha mágoa que haxa quen non se queira dar de conta, e condene aos medios audiovisuais en galego a unha morte anunciada.