III CONCURSO MICROTEXTOS

PREME NA IMAXE PARA PARTICIPAR!!!

Poderán participar  todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas :
Bases do concurso:
– Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
– Sección de Micropoemas: o texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.
– Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
– Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
– A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “vento”.
– Os traballos deberán presentarse no blog comarcal (terrasdoumia.wordpress.com) onde aparece unha ligazón para participar.
– O prazo límite para enviar os textos será o luns, 11 de abril de 2011.
– Categorías:
A: Infantil
B. 1: 1º ciclo de primaria.
B. 2: 2º ciclo de primaria.
B. 3: 3º ciclo de primaria
C: Secundaria
D: Bacharelato.
E: Profesorado, persoal non docente e familias.
– Premios: un xurado formado polas coordinadoras e coordinadores dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria. Os EDLG poderán conceder premios aos finalistas dos seus centros.
Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nas páxinas webs dos centros educativos participantes,  así como nas respectivas revistas escolares.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s