A Asociación de Escritores en Lingua Galega recoñeceu co título de “Escritor Galego universal” ao ovetense Antonio Gamoneda pola súa laboura comprometida coa poesía e coa ética. Este autor participará o vindeiro abril na Cea das Letras onde esta asociación o homenaxeará.