O Instituto da Lingua Galega e a RAG veñen de firmar un pacto para colaborar na investigación da orixe e características dos apelidos galegos para realizar unha escolma deles que seará publicada no máis breve espazo de tempo.
A recuperación da nosa onomástica é un paso importante na normalízación lingüística, xa que é un dos nosos sinais de identidade que nos define, é algo comparable ao que sucedeu coa toponimia dos lugares, tantos anos ignorada.