Unha nova canle cos seguintes obxectivos:
– Producir contidos televisivos que promovan o uso e o coñecemento da lingua e cultura galega.
– Elaborar unha programación que reflicta as diversas accións de promoción da lingua galega que se desenvolven dende as administracións públicas: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; universidades, deputacións, concellos. Prestarase, ademais, un especial interese ao ámbito da emigración e á participación dos colectivos cidadáns comprometidos coa lingua galega: os SNL das diversas institucións, editoriais, produtoras de cine e TV, compañías de teatro, movemento asociativo, etc.